O BNG DE CARRAL DENUNCIA O MAL ESTADO DA PISTA DEPORTIVA DE BEIRA.

carral1

 

O BNG de Carral advirte do mal estado no que se atopan as instalacións deportivas da parroquia de Beira, feito que foi posto en coñecemento do concello por parte das persoas usuarias no verán do 2016 e que impiden a práctica do baloncesto por estar as canastras sen rodas.

Tamén se puxo en coñecemento das autoridades municipais os desprendementos de rochas dun muro e que poden derivar en perigos para as persoas usuarias.

Pasado un ano dende a denuncia o concello non fixo ningunha actuación no lugar.

BNG

CANASTAS EN MASL ESTADO – ESTADO DAS RODAS – DESPRENDEMENTOS

As nacionalistas lamentan que ás pistas polideportivas só se lles esté dando uso coma lugar de celebración das verbenas e reclama unha maior inversión nas actividades deportivas, non só dende o punto de vista económico, senón con iniciativas que activen as pistas polideportivas das parroquias que están nun estado total de abandono, deste xeito propón que se promova unha liga interparroquiais, que ademais de promover a práctica do deporte, axuden a socializar a xente e dé a coñecer ás veciñas e veciños de Carral outras zonas do seu concello.

 

Desde o BNG de Carral valoran que as actividades deportivas propostas polo actual governo do PP están obsoletas e non teñen en conta ás persoas adultas con actividades propostas con éxito en concellos da contorna (ximnasia multideporte para adultos, tenis no pabellón, baloncesto para adultxs…).

Asemade tamén se propón por parte do BNG un plan de hábitos de vida saudábeis onde se coordinen o centro de saúde e a concellaría de deportes para facer un seguimento das persoas participantes, para iso faranse dietas segundo o caso (hipertensión, diabetes, colesterol, sobrepeso…)  cun seguimento quincenal polo servizo de enfermaría (control do peso, análises, control da tensión).

As persoas participantes terán tamén un plan de posta en forma por parte dos monitores do ximnasio e contarán cun desconto do 50% dos prezos das actividades deportivas (pilates, ximnasio, ioga, spa…). Para completar o plan faranse andainas e charlas didácticas de hábitos saúdabeis (beneficios do deporte, cociña saudábel, alimentación e horta ecolóxica, …)

 

 

Facebook Comments