Manifestación unitaria do feminismo galego

manifestacion

Desde o BNG de Carral animámos a todas as veciñas e veciños a participar de xeito activo na manifestación nacional unitaria convocada un ano máis con motivo da conmemoración do 8 de marzo polo movemento feminista galego para o vindeiro domingo día 5 de marzo, que sairá ás 12 horas da Rúa do Hórreo, diante da estación de tren de Compostela. Así como a arroupar a iniciativa internacional impulsada polas organizacións feministas para este 8 de marzo de convocar un Paro Internacional de Mulleres, amosando a nosa solidariedade coas compañeiras de diversos países do mundo que secundarán o paro convocado para este ano. Mentres esta iniciativa non se materializa no noso país, nós, simbolicamente pararemos con elas, facendo un paro de media hora no seu traballo, no centro educativo no que estuden, na súa casa, que saian á rúa. As que non poidan parar que vistan de negro ou violeta. A que todas inunden as redes sociais cun letreiro que amose a solidariedade coas mulleres que en moitos países do mundo van ir á folga, empregando os hashtag: #ParoDeMulleres #NósParamos #Solidariedade #8M

Facebook Comments