AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS CELEBRARON O DÍA DO LIBRO.

LIBRO-CARRAL

O 23 de abril celébrose o día Internacional do Libro, as bibliotecas municipais programaron diversas actividades para conmemorar esa data.

Durante esa semana recibimos a visita dos alumnos e alumnas de infantil dos centros educativos da zona. Os máis pequenos gozaron con Lilí Gruyére e as súas historias de “Paxariños” e con Andrea Vázquez que nos presentou Mergullámonos? .

Comezamos tamén a recollida de libros para facer o troco solidario durante a Festa do pan. Os libros pódense levar a calquera das bibliotecas do concello. O prazo rematará o día 11 de maio.

Como xa é habitual e dentro da campaña de animación á lectura que leva a cabo o concello, o último xoves de mes, o día 27, Trinketrinke Teatro presentoi a súa obra “O ratiño presumido”, nova versión do conto clásico de Perrault, interpretado por Lilí Gruyére.

Facebook Comments